Segundo día, isto comeza a coller forma...
Este domingo dividimos aos participantes, por idades, en 5 grupos de 20 persoas. Empezando o grupo 1 polos máis pequenos ata o 5 cos maiores; cada un deles recibiu un nome dun personaxe de Super Mario Bros. Pola mañá, comezamos coa primeira rotación de actividades: rocódromo, geocaching, tiro con arco, circo, dramatización, deportes acuáticos, obradoiro de natureza, formación, deporte cooperativo e expresión corporal. Cada un dos grupos gozou de dous destas actividades, unha na primeira metade da mañá e a outra na segunda. Despois, tivemos todos un ratito de piscina para refrescarnos antes de ir comer lentellas e palitos de pescada con ensalada e pataca cocida. Pola tarde, fixemos un experimento da natureza, tratando de facer uns niños para protexer, cada grupo, ao seu ovo. Unha vez feitos, deixámolos caer dende o rocódromo para comprobar se sobrevivían e... só romperon 2 dos 10 ovos que se puxeron a proba!! Despois de merendar un bocadillo de cacao e unha ciruela, comezamos unha xinca...