Final de campa!
O último día estivemos ultimando detalles dos cortos, preparando as nosas maletas, recollendo todo e facendo un gran xogo a modo de despedida. Para acabar o día, fixemos unha foliada onde puideron xogar, cantar, bailar e comer algunha que outra larpeirada. O campamento chegou ao seu fin e para nós foi unha gozada ter a este grupo de rapaces. Déixovos a continuación o enlace para poder ver as curtas que grabaron entre todos!! Pincha aquí para acceder! Agardo que todos e todas teñades un feliz final de verán 🥰