Último día de rotacións!

 Pola mañá rematamos as actividades da segunda rotación: formación, rocódromo, circo, drama e expresión corporal, facendo que todos os grupos rematasen de repetir cada unha delas. Rematando a primeira parte do día nadando e disfrutando na piscina.

Repusimos forzas comendo ensalada de garbanzos e arroz negro con chipiróns para logo seguir grabando as nosas curtas, que expondremos na festa final. Despois de merendar, corrimos unha "spartan race", na que tiñan que ir pasando diferentes relevos intentando facer un tempo récord. Rematamos a carreira na piscina, aproveitando que onte facía moi bo día.

Despois de cear cuscús e costelas con verduriñas limos, como cada día, o buzón e posteriormente comezamos a velada de terror, que tantos días levaban pedindo. Unha oleada zombie atacou Entrimo e entre todos tiñan que atopar o antídoto para pararlles. Rematamos o día con un conto, que nos permitiu baixar revolucións e dormir tranquilamente.




















Comentarios

Entradas populares de este blog

Segundo día, isto comeza a coller forma...

Primeiro día superado!

Final de campa!