Ecuador do campa superado!!
Onte despertamos con choiva tamén, que continuou toda a mañá.
Por iso, comezamos cos ensaios xerais para preparar as curtas e logo fixemos un gran xogo en 4 postas a cuberto, no que tiveron que facer probas de habilidade, lóxica e maña. Ao acabar, fixemos unha ronda de prevención de piollos, xa que atopamos dous casos entre os rapaces. Todos os demáis están limpos así que nada do que preocuparse!!
Comimos pasta con tomate, lomo de cerdo e champiñóns, rematando con un iogur.
Pola tarde, volvimos ás actividades, completando a última rotación que nos quedaba por probar. Agora si, todos os grupos teñen completadas todas as actividades desta primeira parte de campa 👏🏼
Ceamos ensalada de patata e fideuá e comezamos a velada de "carreira de creatividade" onde tiñan que superar diferentes probas mentres animaban, cantaban e bailaban cós seus equipos. Estaban todos a tope.
Hoxe imos de excursión e o tempo de móbiles nos pilla fora, polo que os teléfonos de contacto son:
- 610646936
- 644699765
Os que teñen móbil o terán con normalidade pero recollerémolos 5 minutiños antes do normal.
Comentarios
Publicar un comentario