Día 4, día de aventura!
Onte despertamos con un pouquiño de auga, pero escampou rápido, polo que seguimos con total normalidade.
Pola mañá seguimos coas actividades de rocódromo, circo, drama, geoaching, arco, formación, deportes cooperativos, expresión corporal, deporte acuático e obradoiro de natureza; cada grupo seguindo coas penúltimas actividades que lles tocaba por facer.
Non tivemos piscina pola temperatura, pero puidemos disfrutar de xogos todos xuntos nas canchas de baloncesto e fútbol, onde as risas conxntas eran as protagonistas da mañá.
Comimos salmorejo e pasta con marisco para coller forzas xa que despois do tempo de móviles, comezábamos a primeira excursión do campamento.
Fumos camiñando ata unhas pozas que están a media horiña do campa, onde puidemos bañarnos e disfrutar do sol que por fin decidiu sair 🌤
Á volta, directiños para duchas para estar listos e devorar a ensalada e pizza caseira tan rica que tivemos de cea 😋 Despois, xogamos á velada de "silencio", no que cada equipo debía de descubrir onde estaban agochados os demais para retarlles a duelo sen facer ruido, tratando de protexer a sua base para non perder as súas fichas.
A velada foi un éxito e rematamos con un conto escrito e cantado polo noso monitor Joel, no que puidemos entrar nun mundo máxico que nos emocionou a todos e todas.
Comentarios
Publicar un comentario