Entrando en burbuxa campa

 Día 3 de campamento e 3 de 5 bloques de actividades da primeira rotación superados!

Os peques xa teñen os seus grupiños, coñecen e disfrutan da dinámica do campamento e comezan a entrar nesa "burbuxa campa" tan máxica que lles permite gozar ao máximo das súas novas amizades, dos xogos, dos monitores e das instalacións ✨

Onte foi un día intenso de actividades, pola mañá o grupo 1 tivo drama e expresión corporal, o grupo 2 geocaching e deportes acuáticos, o grupo 3 apuntou en arco e fixo vivacs no obradoiro de natureza; o grupo 4, trepou o rocódromo e logo foi practicar teatro en formación, por último, o grupo dos maiores, o 5, bailou en circo e xogou en deportes cooperativos.

Ao rematar, bailamos e xogamos todos na piscina. Despois, comimos ensaladilla rusa e polo con puré de pataca; seguido da comida, todos os que quixeron chamaron as súas casas para contarvos todas as cousiñas que estamos a facer 🌈

Pola tarde, seguimos con esta primeira rotación que disfrutaron mogollón probando as diferentes actividades:

Grupo 1: Circo e deporte cooperativo

Grupo 2: Drama e expresión corporal 

Grupo 3: Geocaching e deportes acuáticos

Grupo 4: Arco e obradoiro de natureza

Grupo 5: Rocódromo e formación

Coma sempre, rematamos a tarde dándonos un refrescante chapuzón 💦 De cea, tivemos patacas fritas con lomo adobado e repolo con allada. Para gozar da noite, fixeron un asalto ao castelo tratando de recuperar á mascota do campamento, Geremías. 

Para finalizar o día por todo o alto, as tendas 23 e 24 leron un conto para todos nosotros, co que quedamos marabillados 🌟








































Comentarios

Entradas populares de este blog

Segundo día, isto comeza a coller forma...

Primeiro día superado!

Final de campa!